20 maio 2024

Obxectivos

O proxecto de Xadrez do Norte é unha iniciativa da Asociación Galega de Xadrecistas que pretende coordinar distintas entidades interesadas en fomentar o xadrez nas comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal.

Pensamos que é necesario crear unha entidade que sen buscar en inicio competir si teña como obxectivo o de crear competicións e poñer bases para a difusión do xadrez neste espazo xeográfico.

* Promover o pensamento crítico e utilizar o xadrez como ferramenta educativa para mellorar as habilidades cognitivas como a memoria, a concentración e a resolución de problemas.

* Crear un espazo de encontro para xadrecistas de diferentes localidades, estreitando os lazos.

* Organizar de Eventos: Planificar e executar torneos de xadrez, obradoiros e exhibicións que impliquen a múltiples concellos.

* Potenciar a colaboración intermunicipal. Organizar actividades conxuntas, compartir recursos e reforzar a cohesión.

* Xadrez e cultura: Utilizar o xadrez como ponte para o coñecemento da historia local.

* Participación en Competicións: Axudar á participación dos xogadores de concellos sen club en torneos e competicións.

* Utilizar a tecnoloxía para a expansión e a conexión

* Integrar o xadrez nos programas de benestar e saúde mental en colaboración cos servizos de saúde locais. Fomentar as actividades de xadrez e deterioro cognitivo promovidas dende a Universidade da Coruña.

Se queres axudar nesta idea, contacta con nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario